A presentación das categorías do Ventorrillo puxo o broche de ouro ó final da primeira volta do equipo nacional

Fotos: Gabinete de Prensa do Concello da Coruña

Hoxe disputábase o derradeiro encontro da primeira volta no pavillón do Ventorrillo, entre o Ventorrillo FS e o Albense FS de Alba de Tormes(Salamanca).

Colexiados: Fco Javier Roldán e Borja Arca de Pontevedra.

Ventorrillo FS (5):  Iván Buxía, Aitor, Andrés(1), Puertas y Matos(2)- Para cambios estaban: Queiru, Alberto Buxía(1), Perce, Manu, Martín(1), Berto y Javi Failde.

Piensos Durán Albense (5): Marco, José Luis, Óscar(2), Isaac y Montes – Para cambios estaban: Diego, J.Calleja, Izquierdo, Alberto Calleja, Iván(1) y Rober(2).

1-0 min 2: Andrés.

1-1 min 15: Rober

2-1 min 25: Matos

3-1 min 28: Alberto Buxía

3-2 min 31: Óscar

4-2 min 33: Martin

4-3 min 35: Iván

4-4 min 38: Rober

5-4  min 40: Matos

5-5 a falta de 18 seg: Oscar d/p.

Houbo un minuto de silencio pola morte de Carlos Núñez, ex xogador de baloncesto , tráxicamente falecido por atropelo na autovía A66 cando se dispoñía a arranxar unha das rodas do seu vehículo.

Ao final do encontro, María Campos da localidade coruñesa de Sada, foi a afortunada gañadora da cesta que se sorteu, donada por Gadis.

12545728_10207244465063714_2138421935_o

José Angel, secretario do Ventorrillo FS, facendo entrega da cesta a María Campos

Alfonso Hermida, periodista da TVG, exerceu de mestre de cerimonias e tamén asistiu ó partido o Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, Xosé Manuel Sande.

Alfonso Hermida entrevistando ó Concelleiro Xosé Manuel Sande

Alfonso Hermida entrevistando ó Concelleiro Xosé Manuel Sande

Un bon partido dos locais, que baixaron un pouco de intensidade na parte final da primeira parte, no que se impuxeron os salmantinos. Na segunda parte, houbo moitas oportunidades por ambos conxuntos, aunque os locais chegaron a poñerse 4-2 á falta de 8 minutos, pero os pupilos de Chema non deron nada por perdido e puxeron o empate a catro a falta de 2 minutos.

Con xogo de cinco, arriesgando ó máximo, Matos por no taboleiro un 5-4 a falta de soamente 54 segundos para rematá-lo encontro. Os nosos xogadores, chegado a este punto, non souperon pará-lo partido e parece que tiñan máis ansiedade que o contrario, cando eran eles os que ían por debaixo do taboleiro. O caso é que un rápido contraataque do Albense FS foi truncado por unha falta de Alberto Buxía cando soamente quedaban 18 segundos, pero os coruñeses estaban xa con cinco faltas, e Óscar non perdonou. Aínda puido marcar o Ventorrillo, porque Aitor de tiro cruzado e sobre a bocina, o balón saliu lambendo o pao.

Fin do partido e da primeira volta, que dende logo nada ten que ver co feito na temporada pasada. Agora soamente queda aprender dos erros e tentar arranxalos.

12571190_10207245289364321_2031092378_n

A continuación, saíron os compoñentes da familia do Ventorrillo FS para inmortalizar unha tarde máxica para maiores e pequenos.

12583876_10207245289644328_290521004_n

       MOITAS GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS QUE APOIASTES ATA A EXTENUACIÓN Ó EQUIPO.

   GRAZAS A TÓDOLOS PAIS E NAIS QUE SEGUEN CONFIANDO NO NOSO CLUBE PARA QUE OS PEQUENOS FAGAN DEPORTE. 

DENDE LOGO, A BASE É O MAIOR DOS NOSOS TESOUROS, E ESTAMOS SEGURO QUE EN POUCO ANOS, ESES PREBENXAMINES QUE NOS DELEITARON NO TEMPO DE LECER, NOS DARÁN MOITAS ALEGRÍAS CANDO SEXAN MÁIS GRANDES.

 

 

Anuncios

Publicado el 16 enero, 2016 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: