Toda a información sobre o I Torneo Solidario del Ventorrillo FS

O vindeiro sábado 3 de Setembro disputarase o I Torneo Solidario organizado polo Ventorrillo FS, co obxectivo de conseguir alimentos, principalmente leite, e donalos ao Banco de Alimentos Rías Altas. Asímesmo, tódolos asistentes ao pavillón poderán acceder a ollá-la competición facendo entrega de dous cartóns de leite.
O torneo dará comenzo pola mañá(adxuntamos horarios), pero o punto forte queda reservado para a tarde onde se enfrontarán o Ventorrillo FSF Bodega O Rincón contra o 5 Coruña, e que servirá de presentación do primeiro equipo feminino celestes ante a súa afición. Posteriormente, disputarase un partido moi especial no que participarán os concelleiros da Coruña, caras coñecidas da TV e algún deportista galego.
i torneo solidario vento
Accede ao programa do Torneo clicando aquí: horarios.
O broche final que poñería punto final ó devandito Torneo será ás 19:30 horas, onde se enfrontarán o Ventorrillo FS contra o Noia FS, e que servirá coma presentación da nova plantilla celeste ante o vindeiro comenzo da cuarta tempada na Segunda B Nacional de Fútbol Sala.
Os políticos, famosos da TV de Galicia e deportistas, son unha valiosa ferramenta de apoio, a persoas e grupos desfavorecidos,  porque o deporte é sinónimo de competitividade, esforzo e loita pola victoria. Dende o Ventorrillo marcámosnos esta tempada o obxectivo de mesturar deporte, solidariedade e diversión. Isto favorecerá os valores dos nosos nenos, que terán a oportunidade de disfrutar do seu deporte, o fútbol sala, e sobre todo do significado da solidariedade.
Queremos agradecer a colaboración de Gadis e moi especialmente as facilidades dadas pola Concellaría de Cultura, Deporte e Coñecemento para que este torneo sexa un verdadeiro éxito.
Anuncios

Publicado el 1 septiembre, 2016 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: