O Ponteceso FSF lévase o partido ante o Ventorrillo FSF Bodega o Rincón

    Resumen acta:    lp-femenina-j3-ventorrillo-bodegon-o-rincon-fsf-ponteceso-fsf-3-6

1-0 min 7: Laura                              3-4 min 22: Ana

1-1 min 10: Sandra                          3-5 min 25: María

1-2 min 12: Verónica                       3-6 min 25: María.

2-2 min 14: Laura

2-3 min 16: Carmen

3-3 min 20: Mery

As xogadoras locais, hoxe de branco, aguantaron con posibilidades de sacar o partido adiante ata o minuto 35. En líneas xerais, o Ventorrillo FSF fixo un bo partido, mellorando as sensacións respecto ós dous primeiros encontros, e soamente algún fallo puntual defensivo decantou o encontro para as visitantes.

unnamed-2

A pivot local Laura, adiantaba ó seu equipo nos primeiros instantes cun tiro cruzado que poñía o  1-0 no marcador. A partir de ahí foi un toma e daca, e calquera dos dous equipos podía marcar, e fíxoo o Ponteceso FSF en dúas ocasións, ata que Laura volvía marcar e poñer o empate a dous no marcador.

laura

Laura, autora de dous goles, nunha foto de arquivo

Cando parecía que o Ventorrillo FSF podía voltar a darlle a volta ó electrónico, Carmen poñía o 2-3 para as visitantes, pero a falta de 35 segundos para rematar o primeiro tempo, nun contraataque cunha boa triangulación das locais, Cuki cruza o balón ao segundo pao, onde Mery remacha a pracer o terceiro tanto. Así remataba a primeira parte.

unnamed-1

Na segunda parte, e igual que pasara na primeira, pronto chegou o gol, pero neste caso do Ponteceso obra de Ana. Foi un xarro de auga fría para as xogadoras locais, e que aproveitaron as visitantes para marcar o quinto. Os entrenadores locais, Javi Puertas e Aníbal Rodríguez pediron un tempo morto para intentar recompoñer o xogo do equipo, pero xa case que non había tempo. Un derradeiro gol de María puxo punto final a un partido, moi ben xogado polas rapazas de Ponteceso, merecedoras do triunfo, pero no que o resultado non indica que as locais fixeran un mal partido.

O mesmo adestrador Aníbal Rodríguez, comentou que en líneas xerais lle gustara máis este partido que o primeiro de liga ante Comarcal A Fervenza e o do 5 Coruña.

Anuncios

Publicado el 15 octubre, 2016 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: