Entrevista a Anxo, xogador do Ventorrillo Golfón FS

A dez días do remate da primeira volta do campionato, entrevistamos a Anxo, unha das fichaxes do equipo nacional nesta temporada polo momento. Nacido o 29/5/1990, danos a súa impresión da situación actual do clube e persoal dende a súa fichaxe no verán pasado.

14264960_1133909290035733_2941881787134263723_n

1- Primeiro ano no Ventorrillo FS. ¿Cómo se fraguou a túa fichaxe?

Eu fichei por iste equipo porque coñecín a Martín (ex-adestrador e actual compañeiro).
Sempre me gustou e practiquei o fútbol sala, pero grazas a coincidir con él reavivaronse as gañas de practicalo con mais frecuencia.

14354967_1133910833368912_2018172039921625838_n

2- A pretemporada foi fantástica e incluso o comezo da tempada, ¿qué pasou para que o equipo se desinflase de esta maneira?

Si é certo que fixemos unha pre-tempada bastante boa. Quizais nese pre-tempada faltou estar un maior número de xogadores en tódolos adestramentos, o que nos houbera permitido mais competitividade e unha maior calidade dos adestramentos.
Penso que as claves do fracaso foron:
A. Non ter un adestrador ou corpo técnico específico, o rol adestrador-xogador non é sinxelo.
B. Baixo número de xogadores da plantilla, nivel da plantilla e baixas inesperadas (Matos, Aitor e Andrés).
C. Inexperiencia dalgúns xogadores (principalmente no meu caso).

14291680_1133910233368972_2362614983386491050_n

3- A nivel persoal, ¿cómo te atopaches? ¿Esperabas este nivel en Segunda B?

A nivel individual a gran inexperiencia estame a pasar factura no meu rendemento, tendo grandes erros individuais que limitaron ao equipo e fixeron que perdesemos puntos. Non estiven, nin estou para nada incómodo grazas ao bo acollemento por parte dos compañeiros, do Club e a miña personalidade.

Sinceiramente…non tiven tempo, nin estaba dentro do mundo do fútbol sala como pra ter unhas expectativas do nivel da categoría, pero supuxen que sería medio-alto. E penso que así é.

14344077_1133909860035676_2715280536613566435_n

4- Claves para sacar adiante esta situación tan agónica na clasificación.

Penso que as claves para subir postos na clasificación son:

– Realizar uns adestramentos de calidade e intensidade suficientes (esforzo día a día para progresar como equipo e individualmente).
– Competir cada mínuto…fundamentándonos nunha gran defensa e aproveitando as ocasións na portería rival.
– Aumento do número de xogadores e mellora individual de cada xogador.
– Mellorar a dinámica interna do xogo.

14358895_1133911166702212_8323450109980533041_n

5- Dinos un resultado de cara ó partido ante o FS San José

 3-1

Anuncios

Publicado el 4 enero, 2017 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: