Un novo proxecto deu comenzo no cárcere de Teixeiro

Hoxe foi un gran día para o Ventorrillo FS. Púxose en marcha a formación dun equipo feminino, exclusivamente formado polas reclusas do penal de Teixeiro. Este proxecto é posible grazas á Fundación Emalcsa, que ten entre os seus fins, a promoción, desenrolo e fomento do deporte, e ademáis, a promoción da igualdade de oportunidades e da integración social.

0d4111c5-0422-4ec5-b7bb-af91b783c553

       Unha foto no patio coas reclusas antes de comenzar a pachanga

Pois con este fin, o Ventorrillo FS, tras varias reunións cos responsables de Institucións Penitenciarias, formará un equipo feminino co que se pretende que as reclusas teñan máis contacto con xente do exterior, pero coa intención de que cheguen a xogar a Copa e nun futuro cercano, formar parte como un equipo máis da Liga Provincial de Fútbol Sala.

55f77194-2ed0-4dcf-92e6-2079392fc66a

                                Xunto a Carlos, Subdirector de Tratamiento (segundo pola esquerda)

Formarán parte do equipo de adestradores do Ventorrillo-CP Teixeiro, Pili Neira como Presidenta do Ventorrillo FS, Angela, xogadora da liga local de Santiago e traballadora social, Sela xogadora do basquet do Allariz, Pery López, adestrador e responsable das categorías inferiores no Silva SD, e Manuel Aníbal Rodríguez, segundo adestrador do Ventorrillo FSF Bodega O Rincón.

Na tarde-noite de hoxe, houbo unha primeira toma de contacto na biblioteca do cárcere para pasar despois ao patio do módulo feminino onde xogaron unha pachanga varias xogadoras mesturadas co equipo técnico. Soamente dicir que a primeira impresión foi fantástica, onde as rapazas deron todo o que tiñan, e a ben seguro que se lles fixo curto o tempo. Os adestramentos serán xoves e sábados.

Anuncios

Publicado el 16 febrero, 2017 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: