Borracheira de goles no municipal do Ventorrillo

Facía tempo que os aficionados que habitualmente asisten ós partidos do clube celeste non veían semexante cantidade de goles, e menos nesta temporada, cunha bagaxe bastante pobre en canto á efectividade de cara a porta. De todos modos, se a liga comenzase pola segunda volta, agora mesmo o Ventorrillo FS iría de líder, non en vano, é o equipo que máis puntos leva feitos: 15 puntos de 18 posibles.

10423822_818672498226082_5843454178894082772_n

  Archivo: gol de Borja el 28/3/2015 ante el Piensos Durán Albense en el pabellón del Ventorrillo

A pesar do abultado do marcador, pódese resumir en que unha parte foi para cada equipo. Os primeiros vinte minutos deberon ser os mellores en catro anos que leva o equipo en Segunda B, xunto ó da Copa Diputación contra o Santiago Futsal de fai meses. A efectividade de cara a porta foi brutal, e iso que non chegaron tanto coma noutras ocasións, pero a porcentaxe de acerto foi altísima. Remataba o primeiro tempo por un contundente 7 a 1, resultado que non facía presaxiar que ao final o equipo salmantino non o daría por perdido poñéndose a soamente dous goles, froito duns grandes xogadores e un magnífico adestrador como é Chema Gil.

10370955_818670551559610_2094118709776477705_n

                                                   Foto archivo: Chema Gil, adestrador do Albense

Na segunda parte, os celestes marcaban o 8 a 1 e relaxáronse de tal maneira que en poucos minutos, chegaron a poñerse a soamente dous goles. Pero o tempo pasaba coma un foguete para os visitantes, e tiraron de xogo de cinco que aproveitou Anxo para poñer o da tranquilidade, aínda que quedaría tempo para que o CD Albense marcase o derradeiro gol.

9 a 7, resultado final e xa pensando na visita á pista do segundo clasificado, o Guardo FS, o vindeiro sábado ás 18 h no pabillón municipal de Guardo(Palencia).

Ventorrillo Golfón (9): Iván, Berto, Jaco(1), Matos(2) y Anxo(1)-Para cambios- Isaac, Martín(2), Faílde(2), Aitor(1), Gigirey, Andrés y Puertas.

Piensos Durán Albense(7): Javi, Berti(1), Diego, Juan(2) y Cristian-Para cambios- Pablo(3), Óscar, Javi Pérez, Moshin, Rober y Sergio(1)

Anuncios

Publicado el 5 marzo, 2017 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: