Os equipos do Vento Teixeiro masculino e feminino estrearonse en sendos partidos amistosos

Antes de nada, o noso agradecemento a Montse, psicóloga de Teixeiro, porque estivo dende primeira hora da mañá ata última hora da tarde xunto aos corpos técnicos de ambos clubes, e podemos dicir que foi unha tarde fantástica de fútbol sala,  saíndo todo á perfección.

Como non podía ser doutra maneira, obrigadísimos á Fundación Emalcsa e a Juan Probaos e por ende á Federación Galega de Fútbol Sala polas facilidades que deron para que se puidesen disputar os encontros.

 

Comenzaba o día con partido entre o Vento Teixeiro FSF e o Correcaminos FSF de Santiago de Compostela. Puideron asistir como público os internos, unha cincuentena máis ou menos, que non pararon de animar durante os dous tempos.

Comenzou marcando o Vento Teixeiro FSF no minuto 8 obra de Chus. Un gol que pasará á historia do Vento Teixeiro feminino. Pouco lle durou a alegría ás locais, porque no min 11 empataba o encontro Eli,  co que se daría por rematada a primeira parte. Nos vinte primeiro minutos, as locais mostráronse bastante nerviosas polo seu debut e ante un pùblico totalmente entregado. Na reanudación, a tónica era moi parecida, cun equipo santiagués que era dominador do encontro, e fruto diso, Anita subiría o segundo gol no minuto 25, poñendo o electrónico nun 1-2 final.

 

Á tarde, disputábase o partido entre o Vento Teixeiro FS e o Ventorrillo Golfón FS. Cheo a reventar o pabillón para ver en acción a un equipo integrado exclusivamente por internos contra todo un equipo de 2ªB Nacional. Daba inicio o partido ás 17:30 horas, poñendo en xogo a pelota os locais e apretando de saída os herculinos, e como consecuencia disa presión, chegaba o primeiro gol no minuto 3, obra de Javi Failde.

Os visitantes movían con moito máis sentido o balón, pero os locais ao contragolpe eran perigosísimos. Nin o Ventorrillo Golfón FS saíu relaxado ao encontro, nin os locais saían acobardados. A intensidade do encontro por ambos bandos era máxima, propia dunha final oficial, pero é que na pista había grandísimos xogadores por ambos conxuntos. O primeiro tempo remataba 1-4 para os herculinos.

 

 

O segundo periodo máis do mesmo, en tres minutos aumentaba a ventaxa Anxo e novamente Failde. A partir de ahi, o Ventorrillo Golfón perdeu parte disa intensidade, que aproveitaron os locais para chegarse  a poñer a soamente tres goles de distancia.

O resultado final de 5-9 mostra a diferencia entre ambos conxuntos, sobre todo a nivel físico e posicional na pista, pero dende logo non lles foi doado vencer, e a rapidez coa que enfilaban os locais a porteria hoxe defendida por Nacho, era correspondida cos aplausos da grada.

0-1 min 3 Failde

1-1 min 8 Guillermo

1-2 min 10 Failde

1-3 min 12 Jaco

1-4 min 19 Puertas

1-5 min 21 Anxo

1-6 min 23 Failde

2-6 min 23 Chica

2-7 min 33 Puertas

3-7 min 33 Óscar

4-7 min 34 Mustafá

4-8 min 39 Failde

5-8 min 39 Guillermo

5-9 min 40 Aitor

Anuncios

Publicado el 18 marzo, 2017 en Sin categoría. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: