Archivo del sitio

O Ventorrillo FS xoga en Salamanca un partido de mero trámite ante o FS San José

Ás 18 horas do vindeiro sábado 20, o municipal salmantino acollerá o derradeiro partido de liga da Segunda División B  entre o FS San José e o Ventorrillo Golfón FS. O equipo salmantino xa se atopa descendido á Terceira División e o adestrador herculino José Luis Brandaríz aproveitará para darlle minutos aos menos habituais nas convocatorias.

unnamed (3)

Pola contra, en vindeiras datas, o equipo feminino Ventorrillo FSF Bodega O Rincón xogará a final de Copa ante o Ponteceso FSF.

Os nenos Eloi e Adrián deron o empuxón definitivo para un novo triunfo do Ventorrillo FS ante o Atl.Benavente

Pavillón do Ventorrillo: 150 persoas

Árbitros: Francisco González e Enrique Novoa de Ourense. Gardouse tamén un minuto de silencio na memoria de Javi, o neno asasinado fai uns días polo seu pai.

Na entrada do coliseo coruñés, Cristina Piñeiro e Jessica Rodríguez da Asociación Asotrame (Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea) estiveron informando de todo o relacionado coa doación de médula ósea.

O Ventorrillo FS desplegou unha pancarta despois do fair-play para animar aos coruñeses a facerse doantes e os pais de Eloi e Adrián recibiron de agasallo dúas camisetas cos nomes dos seus respectivos meniños. Asistiron ó encontro os concelleiros coruñeses Roberto Coira e Mar Barcón, e tamén presenciou o partido o concelleiro de Deportes de Benavente, Fernando Marcos.

En representación da Asociación de Clubes da Coruña, asistiu Humberto Fouz.

Siareiros da peña Valdeorras da liga da Asociación de Peñas da Coruña, encabezados polo seu Presidente Vituko Rodríguez Fernández, tamén desplegaron unha pancarta en apoio dos rapaces.

Un pavillón coruñés con 150 persoas, vibrou cunha nova victoria do Ventorrillo FS. O coruñeses foron de menos a máis, nun partido ao que entraron moi fríos, e cuns visitantes que se chegaron a poñer cun 0-2 nos primeiros 6 minutos de partido. A partir dese momento, Eloi e Adrián, empuxaron dende as súas casas para que Jaco nos minutos 16 e 17 volvera a poñer as tablas no marcador. Co resultado de empate a dous tantos chegábase ao descanso.

Na reanudación os dous equipos desperdiciaban multitude de ocasións, e non foi ata o min 32 cando Aitor lograba o gol da remontada. Nos minutos 35 e 36, novamente Jacobo e Andrés poñían ós celestes cun 5-2 que parecería xa suficiente para lograr unha victoria tranquila co paso dos minutos, pero nada máis lonxe da realidade, xa que con xogo de cinco, os visitantes chegarían a poñerse cun 5-4 a falta de dous minutos para o final do encontro.

 

O Atl.Benavente seguía acosando a portería defendida por Isaac, o cancerbeiro neste segundo periodo, pero nun roubo de balón por parte de Matos no propio campo, serviu para que marcara o definitivo 6-4.

Noso agradecemento ao trío arbitral pola súa colaboraciòn no acto e tamén ao Atl. Benavente pola súa comprensión e pola súa participación conxunta cos nosos xogadores previa ó comezo do encontro.

SINOPSIS DEL ENCUENTRO

Ventorrillo FS (6): Iván Buxía, Martín, Aitor(1), Jacobo(3) e Javi Faílde-Para cambios- Anxo, Matos(1), Andrés(1), Berto, Alberto Buxía e Isaac.

Atl.Benavente (4): Tomy, Alex, Joselu(2), Charlie(1) y Chuso-Para cambios- Samu(1), Johny, Jiménez, Yayo, Rubén y Raúl.

0-1 min 2  Charlie

0-2 min 6 Joselu

1-2 min 16 Jacobo

2-2 min 17 Jacobo

3-2 min 32 Aitor

4-2 min 35 Jacobo

5-2 min 36 Andrés

5-3 min 37 Samu

5-4 min 38 Joselu

6-4 min 39 Matos

 

 

Calendario del mes de mayo

Hoy a las 18 horas, el todopoderoso Noia FS visita la pista del Ventorrillo Golfón FS

Resultados de la jornada (25 y 26 de marzo)

Resultados de la jornada (18 y 19 de marzo)

Resultados de la jornada (11 y 12 de marzo)

Resultados de la jornada (4 y 5 de marzo)

Resultados de la jornada (18 y 19 de febrero)

2017-02-finde-18-19-feb-resultados

La jornada del fin de semana (18 y 19 de febrero)

2017-02-finde-18-19-feb